Contacontos, Talleres
Infantil
Mocidade de entre 8 e 12 anos, ambas idades incluídas.
30/09/2025
Xa rematou
Dende o 23/09/2025 ata o 30/09/2025
De 18.00 a 19.00 horas.
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981 184 392
Dentro do ciclo "Tradición galega en acción" a biblioteca municipal Sagrada Familia convértese nun espazo onde descubrir as raíces da nosa identidade cultural a través da oralidade, a historia e a creación artística. Un percorrido participativo polo noso patrimonio para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos onde aprender xogando e desenvolver a creatividade nun ambiente de convivencia.
O 30 de setembro de 2025, ás 18:00h na biblioteca municipal Sagrada Familia descubre como vestían os nosos devanceiros nunha viaxe no tempo chea de historias, cantigas e diversión. A través da narración oral, os e as participantes coñecerán as distintas pezas dos traxes tradicionais galegos mentres reflexionan sobre como cambiaron os tempos e os valores.
Nunha experiencia participativa e amena, os nenos e nenas poderán vestir réplicas de traxes galegos e levar consigo unha simpática foto de recordo que lles permita lembrar esta aventura pola nosa rica tradición téxtil.
Montse Rivera, experta en tradición galega con máis de 30 anos de experiencia, guiará aos participantes nesta oportunidade única para achegarse ao patrimonio cultural galego de xeito lúdico e significativo, onde historia, xogo e identidade se mesturen nunha experiencia inesquecible.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible