Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Clubs de lectura: nova tempada

Clubs xeralistas

Outro ano máis, as Bibliotecas da Coruña poñemos en marcha os grupos de lectura para as persoas interesadas en ler, debater, compartir opinións e facer amizades.

As prazas asígnanse por orde de inscrición e os grupos comezarán as súas reunións ao longo do mes de outubro.

Consulta a nosa oferta de clubes, revisa a data de inscrición os clubs da túa elección e toma nota na túa axenda.

️Importante: As inscricións abriranse a partir do 14 de setembro, no día e hora da semana no que teña lugar a sesión de cada club:

  • Clubs dos luns → inscrición o 14 de setembro, a partir da hora que corresponda

  • Clubs dos martes → inscrición o 15 de setembro, a partir da hora que corresponda

  • Clubs dos mércores → inscrición o 16 de setembro, a partir da hora que corresponda

  • ... e así sucesivamente.

Cómo funcionan as inscricións?

As inscricións abren a partir do 14 de setembro poden realizarse a través da web, por teléfono ou presencialmente na biblioteca (debido á alta demanda, cada persoa só poderá inscribir a unha persoa). Cada club abre inscricións o mesmo día e hora da semana no que ten lugar. Exemplo: se o club se reúne os mércores ás 18:30h, a inscrición abre o mércores 16 de setembro a partir das 18:30h.

Hai grupos con reunións presenciais distintos días da semana e con diversas periodicidades. Elixe o teu!

CLUBS XERALISTAS PRESENCIAIS

Biblioteca Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio Inscripción
Ágora Club da Gramela Luns Luns. Quincenal. 19h 14 setembro - 19h
Ágora Club da Gramela Venres Venres. Quincenal. 18h 18 setembro - 18h
Ágora Club de lectura Ágora do 13 Martes. Quincenal. 19h 15 setembro - 19h
Castrillón Club de lectura Castrillón (mércores) Mércores. Semanal. 18h 16 setembro - 18h
Durán Loriga Club de lectura Durán Loriga: grupo 1 (mércores) Mércores. Quincenal. 11h 16 setembro - 11h
Durán Loriga Club de lectura Durán Loriga: grupo 2 (mércores) Mércores. Quincenal. 11h 16 setembro - 11h
Fórum Club de lectura Fórum (Luns) Luns. Semanal. 11.30h 14 setembro - 11.30h
Fórum Club de lectura Fórum (Martes) Martes. Semanal.  11.35h 15 setembro - 11.35h
Fórum Club de lectura Fórum (mércores) Mércores. Quincenal. 18.30h 16 setembro - 18.30h
Fórum Club de lectura Fórum (mércores Entrelibros) Mércores. Quincenal. 19h 16 setembro - 19h
Mesoiro Club de lectura Mesoiro (sábados) Sábado. Quincenal. 11h 19 setembro - 11h
Monte Alto Club de lectura Monte Alto (martes) Martes. Quincenal. 18h 15 setembro - 18h
Os Rosales Club de lectura Os Rosales: Café con libros. Grupo 1 Martes. Quincenal. 18.30h 15 setembro - 18.30h
Os Rosales Club de lectura Os Rosales: Café con libros. Grupo 2 Martes. Quincenal. 18.30h 15 setembro - 18.30h
Os Rosales Club de lectura Os Rosales: Café con libros. Grupo 3 Luns. Mensual. 18.30h 14 setembro - 18.30h
Sagrada Familia Club de lectura Sagrada Familia Grupo 1 Luns. Quincenal. 10.30h 14 setembro - 10.30h
Sagrada Familia Club de lectura Sagrada Familia grupo 2 Luns. Quincenal. 10.30h 14 setembro - 10.30h

E se ningún destes horarios ou días da semana che van ben, dispoñemos tamén dun grupo virtual sin horarios nin días da semana concretos. Ti marcas o teu ritmo da lectura.

CLUB XERALISTA VIRTUAL. SEN HORARIOS E AO TEU RITMO
Ciberclub 2026-2027: faite co libro! Inscricións a partir do 17 setembro ás 10 h

Clubs temáticos

Os clubs temáticos son grupos con lecturas que teñen un fío condutor común: pode ser un xénero, un tema ou un idioma específico de lectura. Hai para todos os gustos:

CLUBS TEMÁTICOS
Biblioteca Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio inscrición
Castrillón Club de lectura de clásicos Xoves. Quincenal. 11h 17 setembro - 11h
Fórum Club de lectura Fórum Cómics (Primeiro mércores) Mércores. Mensual. 18.30h 16 setembro - 18.30h
Fórum Club de lectura Fórum Cómics (Último mércores) Mércores. Mensual 18.30h 16 setembro - 18.30h
Fórum Club de lectura Fórum. Lendo devagar Luns. Quincenal.  19h 14 setembro - 19h
Os Rosales O Pensatorio. Grupo 1 Mércores. Quincenal. 18.30h 16 setembro - 18.30h
Os Rosales O Pensatorio. Grupo 2 Mércores. Quincenal. 18.30h 16 setembro - 18.30h
Os Rosales O Pensatorio. Grupo 3 Xoves. Quincenal. 18.30h 17 setembro - 18.30h

Por razón organizativas, este ano o club de lectura QUEERuña iniciará a súa actividade en decembro, polo que aínda non abre inscricións.

Ademais de temas ou xéneros específicos, existe outra tipoloxía de clubs que teñen a peculiaridade de dirixirse a colectivos específicos: 

CLUBS PARA COLECTIVOS ESPECÍFICOS
Biblioteca Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio inscrición
Fórum Club de lectura: Fiando historias Xoves. Semanal. 11h 17 setembro - 11h
Os Rosales Club de lectura en voz alta Os Rosales Mércores. Semanal. 11h 16 setembro - 11h

Clubs infantís e xuvenís

Os clubs infantís son grupos con lecturas que teñen un fío condutor común: pode ser un xénero, un tema ou un idioma específico de lectura.

CLUBS INFANTÍS E XUVENÍS
Biblioteca Idades Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio inscrición
Durán Loriga 9 a 12 anos Club de lectura infantil: Miúdo Xoves. Quincenal. 18.30h 17 setembro - 18.30h
Mesoiro 9 a 12 anos Club de lectura infantil Mesoiro Sábado.Quincenal. 12.30h 19 setembro - 12.30h
Ágora 14 a 18 anos Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora Xoves. Quincenal. 18h 17 setembro - 18.00h
Durán Loriga 12 a 16 anos Club de lectura xuvenil O Ensanche Martes. Quincenal 18.30h 15 setembro - 18.30h

Tamén che pode interesar

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión