Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

25N: Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres

Ti decides. Imaxe da campaña

As Bibliotecas Municipais da Coruña presentamos unha campaña entorno ao 25 N, Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres co obxectivo visibilizar o papel das bibliotecas como espazos potenciais de contribución da transformación social e formar parte do proceso de cambio.

As bibliotecas temos como misión facilitar o acceso en igualdade de oportunidades de toda a cidadanía e promover a igualdade de xénero a través das coleccións, actividades e servizos que ofrecemos como base para consolidar sociedades democráticas e igualitarias que atendan aos dereitos de todas as persoas.

A Violencia de Xénero é un problema social complexo de multitude de dimensións, situado e producido culturalmente con relación de mulleres e homes que teñen como consecuencia a violacición dos dereitos humanos fundamentais: violencia física, violencia psicolóxica, violencia sexual, violencia económica e patrimonial e mesmo a violencia simbólica.

Como bibliotecas públicas e como bibliotecarios e bibliotecarias traballamos para ser partícipes e impulsoras dos procesos de acceso á información para permitir á cidadanía tomar decisións informadas. Durante 10 días, dende o xoves 19 e ata o vindeiro sábado 28 baixo o lema #TiDecides e #BibliotecasSTOPViolencia neste #25N presentamos unha campaña aperturista e trasversal que recolle unha programación de actividades de distintas tipoloxías, tanto para público adulto como infantil, e en colaboración con entidades como Fundación Mulleres.

Apostamos pola presentación de recursos informativos e as recomendacións literarias tanto en formato físico, coas mostras bibliográfica nas bibliotecas dispoñibles ata o 5 de decembro, como virtualmente coa elaboración unha guía de lectura que estará dispoñible tanto para a súa consulta como para a descarga gratuíta.

O #25N nas redes sociais

Baixo os cancelos #25N, #TiDecides e #BibliotecasSTOPViolencia iremos publicando distintas entradas nas redes sociais e blogs temáticos, mais tamén haberá espazo para audios con lecturas en voz alta e a música:

Materiais destacados nas bibliotecas

25N: Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión