Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro Online: Planta cara ao acoso de rúa

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+16 anos

Cando:

25/11/2020

Evento aprazado

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/11/2020 ata o 25/11/2020

Require inscrición

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 horas

Duración:

1 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

EVENTO APRAZADO. Obradorio ONLINE "Planta cara ao acoso na rúa" na Biblioteca Fórum Metropolitano, impartido con motivo do 25N a cargo da Fundación Mulleres.

O 25 de Novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, do mesmo xeito que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. O que é máis, a promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de non deixar que ninguén quede atrás, non poderá cumprirse sen primeiro poñer fin á violencia contra mulleres e nenas.

Dentro do seu obxectivo e compromiso de contribuír a reforzar os colectivos máis vulnerables, para compensar os desequilibrios sociais a Biblioteca Fórum Metropolitano  levará a cabo, con motivo do 25 N, a realización dun taller de prevención do acoso na rúa.  

O obradoiro "Planta cara ao acoso na rúa" está enmarcado no Programa StandUp e será impartido a cargo da Fundación Mulleres. Daranse a coñecer un conxunto de ferramentas demostradas que axudan á xente para intervir de maneira segura cando son vítimas ou presencian situacións de acoso en espazos públicos. O obxectivo é formar á poboación para que o denuncien e así construír unha cultura na que o acoso de rúa sexa visto como un comportamento inaceptable.

A Biblioteca porase en contacto coas persoas inscritas para facilitarlles o acceso á plataforma para asistir ao obradoiro. 

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión