Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coa lingua de fóra

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a decembro. Semanal/varias veces ao mes

En que consiste "Coa lingua de fóra"?

Se queires practicar galego nun grupo de conversa dinamizado por unha persoa nativa, esta é a túa actividade.

O grupo de conversa é unha proposta dirixida a todas as persoas que desexen mellorar o seu galego oral nun ambiente distendido e de conversa amena, lonxe da aprendizaxe formal.

Se tes algún coñecemento do idioma pero non o falas no teu día a día, bótate a falar neste espazo de intercambio lingüístico e cultural.

Ademais, desde o 2026 formamos parte da rede provincial de grupos de conversa "Falarmos nós", impulsada pola Área de Lingua da Deputación da Coruña para lles facilitar espazos seguros e participativos a aquelas persoas que queiran dar o paso para falar en galego no seu día a día.

Como participar?

  • En setembro ábrese o prazo de inscrición
  • Pódeste inscribir na túa biblioteca ou a través da páxina web
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas dispoñibles

Onde e cando?

Biblioteca Día Hora
Biblioteca Ágora Mércores (todos)

19.00 h

Biblioteca Ágora Xoves (3 ao mes)

19.00 h

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión