Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Formación en Internet e comunicación dixital

A quen vai dirixido?:

Xuvenil, persoas adultas

Cando:

Dende o 01/04/2014

Inscricións:

Require inscrición

Contacto:

bibliotecas@coruna.es

Tel.: 981 184 384

Queres saber ...

  • Alfabetización de persoas adultas

    En que consisten estas actividades?

    Alfabetización para persoas adultas - Biblioteca Ágora

    Dúas liñas de traballo: unha en colaboración con Cáritas na que se busca frear a deterioración memorística e cognitiva das persoas maiores, mellorar a súa propia estima, socialización e participación social e outra en colaboración cos servizos sociais do Concello destinada ás persoas preceptoras da Renda de Inserción Social (RISGA), novas e sen ningunha formación para favorecer a súa inclusión social e laboral.

    Lectura en voz alta - Biblioteca Ágora

    Hai persoas que teñen dificultades no acceso á lectura por diversas razóns: pouca ou nula escolarización, mala comprensión de textos, alfabetización noutra lingua...

    Trátase de manter reunións para a lectura e análise de textos sinxelos que propicien unha progresiva mellora na súa compresión, a perda do medo á lectura doutros textos máis complexos e a mellora na expresión oral e escrita.

    Máis información
  • Cursos de base de datos lexislativa Aranzadi

    En que consisten os cursos de base de datos lexislativa Aranzadi?

    Cursos dirixidos á familiarización co funcionamento da base de datos lexislativa Aranzadi e os servizos que ofrece. Aranzadi é unha base de datos de lexislación, xurisprudencia e bibliografía española a texto completo da editorial Aranzadi.

    Máis información

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión