Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Merendas con contos

Tipo de actividade:

Contacontos

A quen vai dirixido?:

Infantil. 3 a 7 anos / familias

En que consiste Merendas con Contos...?

É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.

A actividade é executada pola compañía Trinke Trinke Teatro.

Como participar

Para poder participar en Merendas con Contos requírese inscrición previa. A inscrición ábrese unha semana antes da realización de cada sesión, ás 10.00 horas. As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.

Onde e cando

Día Hora Prazas Frecuencia* Biblioteca
Luns 18.00 h 30 1 ou 2 ao mes Biblioteca Ágora
Martes 18.00 h 25 1 ou 2 ao mes Biblioteca Sagrada Familia
Mércores 18.00 h 25 1 ou 2 ao mes Biblioteca Monte Alto
Xoves 18.00 h 35 1 ou 2 ao mes Biblioteca Castrillón
Venres 18.00 h 20 1 ou 2 ao mes Biblioteca Os Rosales
Sábado 12.00 h 30 1 ou 2 ao mes Punto de servizo bibliotecario Mesoiro
Sábado 18.00 25 1 ou 2 ao mes Biblioteca Durán Loriga
Martes (alternos) 18.00 h 30 1 ou 2 ao mes Biblioteca Fórum

*De outubro a xuño.

Quero ver o calendario anual de sesións do ano

calendario_merendas.JPG (117 KB)

Actividades relacionadas

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión