Imaxe tomada do blogue A boa vida
Charlas e debates, Talleres
Persoas adultas, Familias
Familias con bebés
29/03/2017
Xa rematou
Dende o 22/03/2017 ata o 29/03/2017
De 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
binfantil@coruna.es
Tel.: 981 184 388
Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos, opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.
Os/as bebés precisan contacto, pero nós precisamos ter os brazos libres para continuar coa nosa vida cotiá.
O porteo fai posible a combinación destas dúas necesidades pero, en que debemos fixarnos á hora de escoller un portabebés?, é importante o tecido?, en que postura debe ir o bebé?, hai límite de tempo?
Nesta charla, Iria de Cal, de Arkhé Espacio Educativo, especialista en Educación Temperá e Asesora de Porteo, vai responder a estas preguntas e vainos ensinar a poñer algúns dos portabebés máis habituais do noso contorno.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible