Cursos e formación, Talleres
Infantil, Xuvenil
Dende o 14/04/2025 ata o 16/04/2025
Xa rematou
Dende o 07/04/2025 ata o 14/04/2025
Require inscrición.
Das 11.00 ás 13.30 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
De 9 a 15 anos
bduranloriga@coruna.gal
Tel.: 981 184 388
Adentrámonos na robótica e mecánica creando estruturas de xeito divertido!
Esta Semana Santa comezamos, na Biblioteca Durán Loriga, os talleres do programa BiblioTECH para o ano 2025 da man de Code Monsters.
Neste I Campus tecnolóxico do ano utilizaranse as pezas de Lego Technics para achegármonos a conceptos básicos de mecánica e estruturas; tratarase o funcionamento de distintos mecanismos fundamentais para resolver problemas, usando rodas dentadas, poleas, motores etc. e acadar un proxecto final no que deseñar e construír o noso propio vehículo.
Anímaste? Pois só tes que inscribirte para os 3 días que dura o taller!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible