Encontros e presentacións, Charlas e debates
Para público en xeral
Dirixido a todos os públicos
11/08/2026
Dende o 30/07/2026 ata o 11/08/2026
Require inscrición
Das 12.00 ás 13.00 h
1 h
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 386
Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
Nesta charla poderemos coñecer, da man dos seus autores, Miguel Fernández Vázquez e Javier Gómez Vila, como se fixo o cómic "Polvo, barro y fe", un cómic histórico que narra a historia de Hermann Künig, autor da primeira guía do Camiño de Santiago.
A obra ilustra nunha mestura de fe, aventura e rigor histórico como este monxe alemán revolucionou as peregrinacións no século XV.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible