Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura Ágora do 13

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

07/10/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 30/09/2025

Require inscrición.

Horario:

Martes, de 19.00 a 20.30 h. Periodicidade quincenal.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#ClubsLecturaCoruna

Contacto:

bagora@coruna.gal

Teléf.: 981 189 886

Únete ao club de lectura dos martes da Biblioteca Ágora!

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura, e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura. 

A particularidade do Club do 13 é que as participantes se autoxestionan durante as sesións, pero contan cunha bibliotecaria coordinadora que elabora a programación anual de libros, o material para as sesións, así como deseño de actos ou saídas que dinamicen o desenvolvemento da actividade.

Se che gusta ler, falar, escoitar, conversar... e tes libres os martes entre as 19.00 a e as 20.30 h, apúntante ao Club do trece da Biblioteca Ágora, e comparte con xente coma ti eses grandes praceres que proporciona a lectura. Non precisas grandes coñecementos de literatura. Simplemente abonda con que che guste ler e debater. Agardámoste!

Queres saber ...

  • Clubs de lectura xerais

    En que consisten os clubs de lectura xerais?

    Os clubs de lectura xerais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

    Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.

    Importante: A inscrición nos clubs de lectura supón un compromiso de participación. O máximo de ausencias permitidas é do 25%. Unha vez superado este límite, a persoa será dada de baixa para que outra ocupe o seu lugar.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión