Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Club de lectura LGTB QUEERuña

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

13/06/2018

Xa rematou

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

O club QUEERuña realiza unha das súas sesión mensuais no mes das reivindicacións do colectivo LGTB.

O club de lectura LGTB das bibliotecas leva xa dous anos de andaina. Foron moitos os debates e moitas as lecturas compartidas, todas elas vertidas no blog QUEERuña, o espazo de diálogo sobre cultura LGTB.

Nesta ocasión compartiremos as impresións sobre o libro Posiciones geográficas, relatos escritos por Suzana Tratnik e editado pola editorial LGTB Dos Bigotes, e, ao finalizar a sesión, repartiremos 22 segundos, de Eva Mejuto, para a súa lectura e posterior análise na última sesión do ano do club que terá lugar no mes de xullo.

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    ¿En que consiste o club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais dá Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de . Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas.

    A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para desmenuzar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirche non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión