Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Clubs
Xuvenil
Mocidade entre 14 e 16 anos, ambas idades incluídas.
Dende o 04/02/2021 ata o 03/06/2021
Dende o 12/01/2021 ata o 04/02/2021
Require inscrición.
18.30 a 20.00 h.
Quincenal.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Únete ao club de lectura xuvenil #LaTribu!
O mundo está cheo de tribos. Persoas conectadas entre si por un interese común. Na Biblioteca Ágora interésannos os libros e por iso estamos a formar nosa propia tribo lectora. Poñemos en marcha un club de lectura xuvenil un tanto especial, no que o libro é só o punto de partida.
Podes pertencer a #LaTribu se tes entre 14 e 16 anos e ganas de ler, de facer novas amizades e formar parte dunha experiencia única. Desde a Biblioteca facilitarémosvos os libros e reunirémonos os xoves, cada quince días, para conversar sobre eles, reflexionar e divertirnos. Descubriremos xéneros literarios e autoras/es moi diferentes e non só nos limitaremos ao formato papel, senón que apostaremos por outras linguaxes dixitais e artísticas.
Os nosos encontros serán virtuais a través da plataforma Jitsi ata que o virus maligno que nos axexa decida o contrario.
A primeira reunión da tribo será o 4 de febreiro ás 18.30. Nese momento descubriremos quen son as persoas que forman parte desta experiencia lectora. O mundo necesita tribos e #LaTribu necesítate a ti. Agardámoste!
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible