Visita o álbum de fotos desta actividade
Clubs
Xuvenil
de 12 a 16 anos
26/10/2017
Xa rematou
Dende o 23/09/2017 ata o 26/10/2017
de 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 18 43 88
Coñeces ElClú? Sabes o que facemos? Atrévete a descubrilo!
A nova tempada deste club estará cheíña de sorpresas, coma sempre!
Comezaremos o xoves 26 de outubro, de 18:30 a 20:00h. e reunirémonos cada 15 días (2 xoves ao mes).
Así que se tes ganas descubrir novos autores, novas lecturas, novas formas de pensar, e compartir todo eso co resto de integrantes, ElClú abre as súas portas un ano máis!
Esperámosvos!
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible