Encontros e presentacións, Clubs
Xuvenil
De 12 a 16 anos.
24/10/2023
Xa rematou
Dende o 17/10/2023 ata o 24/10/2023
Entrada libre ata completar a capacidade
De 18:30h a 20:00h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
bduranloriga@coruna.gal
Tel.: 981 184 388
Co gallo da celebración do Dia da Biblioteca que este ano ten como lema: "Tecendo comunidades" celebraremos un encontro para a xuventude con dúas bookstagramers: @littera_lupa e @surfeandolibros.
Irene (@surfeandolibros) e Violeta (@littera_lupa) son dúas bookstagramers e influencers literarias coruñesas que falan en Instagram de literatura e recomendan os seus títulos favoritos.
Como boas bookstagramers contaxian paixón polas letras a milleiros de persoas, e iso veñen a facer a tarde do 24 de outubro á Biblioteca Durán Loriga.
Neste encontro falarán e debatirán ca rapazada asistente arredor do libro, das redes sociais e do momento que viven as reseñas dixitais; así como da súa traxectoria no mundo da literatura.
Ademáis, se che apetece ler, facer amigos e charlar utilizando un bo libro como excusa podes anotarte tamén ao noso club de lectura xuvenil: ElClú.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible