Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Encontro con Roy Galán, da man do club de lectura LGTB QUEERuña

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+14 anos

Cando:

08/10/2020

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 08/10/2020

Capacidade limitada. Require inscrición

Horario:

18h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#culturaLGTB, LGTB, corufest2020, bibliotecas

Contacto:

O escritor e activista LGTBQI+, de orixe galega, estará na Biblioteca Ágora no marco do festival Corufest 2020

Autor de libros como Irrepetible, Las alegrías ou o recentísimo Fuerte, o escritor e activista pola igualdade será entrevistado por Pablo Otero, integrante do club de lectura LGTB QUEERuña, primeiro e único en Galicia desta temática e que se organiza na Rede de bibliotecas desde o ano 2016.

Roy é un dos dezaseis homes entrevistados pola xornalista feminista Nuria Coronado para o seu libro Hombres por la igualdad, que está dispoñible no catálogo das bibliotecas, igual que están todos os libros do autor.  

O encontro, que ten a capacidade limitada, require inscrición previa. Facilitaremos o teu enderezo electrónico á organización do festival, que contactará contigo para a valoración do festival e da propia actividade, así como para a difusión de edicións posteriores do festival.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión