Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Encontro transfronteirizo entre as BMC e Biblioteca Lucio Craveiro de Braga

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

25/05/2021

Este evento xa rematou

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#DesordenatecoasLetras

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

Debate virtual no que participarán profesionais da literatura e poetas galegas e portuguesas para afondar na figura de Xela Arias

Para festexar o Día das Letras Galegas e no marco da campaña #Desordenatecoasletras, organizamos un encontro transfronteirizo coa Biblioteca Lucio Craveiro de Braga para dar a coñecer a unha das autoras máis innovadoras do discurso poético actual e tamén homenaxeada este 2021, Xela Arias.

A íntima relación de Xela con Portugal, recibindo a Medalla "Premio de Traduçao Sociedade de Lingua Portuguesa" por Amor de perdición de Camilo Castelo Branco, así como a amizade co poeta madeirense José Viale Moutinho,  Premio aRi[t]mar especial do xurado 2021 por "Embaixada da Amizade galego-lusófona", fan deste encontro unha oportunidade para afondar na figura e na obra de Xela a través dos lazos co país veciño.

O encontro será virtual e terá lugar o vindeiro día 25 coa participación de Chus Nogueira, Dúas gamberras e un micro, Tiago Alves Costa e Hugo Milhanas Machado sendo moderado por Raúl Costas Pereira, do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Minho.

Sobre as persoas participantes

  • Chus Nogueira é unha filóloga e ensaísta galega. Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, docente de literatura na Facultade de Filoloxía e editora de Xela Arias. Tamén é a presidenta da Asociación Galega da Crítica desde a súa creación en 2015.
  • Dúas gamberras e un micro é o proxecto de poesía oral e intervención escénica  formado polas viguesas Nuria Vil (Santo André de Comesaña, 1993) e Vanessa Glemsel (Castrelos, 1987).

Acceso ao encontro

O encontro desenvolverase a través da plataforma Zoom. Podes acceder co programa instalado ou desde calquera navegador, en ambos casos premendo neste enlace https://zoom.us/j/95560198785.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión