Encontros e presentacións
Persoas adultas
+ 18 anos
07/02/2020
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Coñece a nova obra Habitando Historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura. Acompañando á editora, asistirán as autoras e autor dos relatos, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, Ángeles Abelleira, Patricia Carballal, Montse Pena e Mercedes Cerdeiras.
Nestas páxinas arredor do libro, a lectura, as bibliotecas, os booktubers, as novas formas de ler, as experiencias lectoras, o canon literario... reflexiónase sobre o feito de ler e o seu fomento.
Xuntáronse dez persoas, dez profesionais que dixeron si a este proxecto e cuxas experiencias arredor do libro e da lectura non van deixar indiferente a ninguén. As dez almas que habitan este libro coordinado por Montse Muriano e editado por Galaxia, saben moi ben do que falan e saben moi ben como facelo. Son escritoras, docentes, bibliotecarias, contadoras...
En definitiva, voces críticas, voces expertas e voces comprometidas coa consecución dun mundo mellor a través das historias que viven nos libros. Un volume que aspira a ser referencial no mundo educativo. Mais, sobre todo, un libro de lectura necesaria para todas e todos os que aman ler, abrir un libro e navegar entre as súas páxinas. De papel ou de bits. Historias, despois de todo.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible