Encontros e presentacións, Charlas e debates
Para público en xeral
Dirixido a todos os públicos
11/08/2026
Acceso libre
Das 17.00 ás 18.00 h
1 h
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Carpa na Rúa da Banda Deseñada
Tel.: 981 184 384
Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
Neste faladoiro, presentado e moderado por Iván Serrrano (Biblioteca Municipal fórum) e que terá lugar na carpa da banda deseñada, debaterase sobre cómic emerxente xunto cos autores premiados na XX edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, converténdose nun espazo de debate esencial para descubrir novos talentos e o futuro da banda deseñada en galego.
O Premio Castelao de Banda Deseñada é un dos galardóns de cómic máis importantes do ámbito estatal, convocado anualmente pola Deputación da Coruña para impulsar a creación artística e a promoción da lingua galega.
Na pasada edición, resultaron gañadoras as obras "Maré", de Manuel Barreiro Rozados e Elías Oliver Taño, e "Narices!", de Giovanna Lopalco.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible