Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Letras Galegas 2023: Concurso "Chío de letras"

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Otro tipo de público, Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/05/2023 ata o 17/05/2023

Ata o 17 de maio todo o día.

Xa rematou

Inscricións:

Na rede social Twitter

Requisitos:

Ter conta na rede social Twitter e publicar un chío creativo en galego de forma pública co cancelo #chíodeletras e citando as @bibcoruna.

Hashtag:

##sinteengalego #díadasletrasgalegas #letrasgalegas2023 #fernandezdelriego

Contacto:

Documentos:

BASES_concurso-chio-de-letras-2023.pdf (436 KB)

Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as bibliotecas municipais queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.

Gustaríanos animar ás nosas seguidoras e seguidores a empregar o galego tamén en redes sociais, por iso, decidimos pór en marcha un concurso de chíos escritos en galego que estará activo ata o propio 17 de maio durante todo o día.

Un chío é unha anotación ou mensaxe na rede social Twitter e ten un máximo de 280 caracteres.

Para participar será necesario:

  • Ter perfil na rede social Twitter e seguir nela ás Bibliotecas Municipais da Coruña (@bibcoruna).
  • Publicar en Twitter (dende un perfil persoal en forma pública) un chío que cumpra os requisitos consignados nas bases do concurso. Pódense enviar a concurso tantos chíos por perfil como se desexen. Non concursarán os chíos escritos baixo cadeado.
  • Mencionar e etiquetar a @bibcoruna e usar o cancelo #Chíodeletras.

Queremos encher Twitter de chíos en galego! Anímate a enviar os teus. Poderás conseguir un lote de libros.

Consulta as bases completas.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión