Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Letras Galegas 2023: Gran xogo das Letras Galegas

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Cando:

13/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/05/2023 ata o 13/05/2023

Require inscrición

Horario:

de 11:00 a 12.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Hashtag:

##sinteengalego #díadasletrasgalegas #letrasgalegas2023 #fernandezdelriego

Contacto:

“Sinte en galego: Letras Galegas 2023”, as bibliotecas municipais queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.

O sábado 13 de maio, das 11:00 h a 12:30 h, teremos na biblioteca municipal Sagrada Familia un obradoiro para rapazada de 8 a 12 anos. Co título "Gran xogo sobre as letras galegas" a mocidade poderá descubrir algo máis sobre a orixe e a significación do Día das Letras Galegas e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do homenaxeado este ano: Francisco Fernández del Riego

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión