Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Letras Galegas: Obradoiro de biografía ilustrada

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Cando:

15/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/05/2023 ata o 15/05/2023

Require inscrición

Horario:

18.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña

Contacto:

bmontealto@coruna.gal

981184382

Baixo o lema “Sinte en galego: Letras Galegas 2023”, as bibliotecas municipais queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.

Esta actividade é unha proposta de animación á lectura para nenos e nenas de 8 a 12 anos onde, afondando na biografía do homenaxeado do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, descubriremos a importancia das artes como medio de expresión artística.

Cada participante traballará na biografía ilustrada do homenaxeado elaborando e deseñando un diario ou caderno coa técnica Zentangle a partires  de momentos clave na  vida do homenaxeado. 

*O Zentangle é unha técnica artística que consiste na creación de imaxes a través de patróns que se repiten. Esta técnica, busca conseguir a calma en quen o realiza ou mesmo en quen o observa.

O resultado final será a elaboración dun caderno que servirá de soporte para as ilustracións da biografía de Fernández del Riego.

Anímadevos!

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión