Charlas e debates
Persoas adultas
17/11/2022
Xa rematou
de 19 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Dentro dos actos do Ano Internacional de María Casares, afondamos a partir da súa figura na realidade das persoas exiliadas a través deste faladoiro.
María Casares foi sempre plenamente consciente da súa condición de exiliada. A súa vinculación e a súa responsabilidade co mundo do exilio (en Francia primeiro e na Arxentina anos despois) definen a súa figura e a súa personalidade. Non é posible coñecer e entender a María Casares sen abordar este importante aspecto da súa vida. A través deste faladoiro pretendemos concienciar do que o exilio supón na vida dunha persoa e na propia comunidade, tanto a de orixe como a de acollida. Facémolo coa intervención dunha persoa que o viviu en carne propia, desde a óptica da acollida e do acollemento, e cunha especialista na temática do exilio que nos dará unha breve perspectiva do que esta migración forzada supuxo -e supón- para España e para Galicia.
Participarán Montserrat Golías, profesora de Socioloxía e CC. da Comunicación na UDC, e Ahmad Matar, refuxiado sirio que traballa no campo da cooperación.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible