Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Nós lemos, e ti?: concurso de selfies

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

6 a 14 anos

Cando:

Dende o 13/03/2015 ata o 26/03/2015

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/03/2015 ata o 26/03/2015

Require inscrición

Formulario de inscrición

Contacto:

Berta Picado

b.picado@coruna.es

981184384

O teu selfie, individual ou en grupo, pódeche facer gañador dun concurso.

O teu selfie individual, cos teus amigos ou coa túa familia, e no que se vexa un libro (preferiblemente en galego), pódeche converter no gañador do concurso Nós lemos, e ti?, que convoca a organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) e a súa sección galega formada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), e no que nós colaboramos.

Antes do 24 de marzo debes enviarnos o teu selfie e un breve texto explicando o motivo de escoller ese libro. Pásache logo pola biblio para que un adulto firme a túa autorización. Tamén podes facerche o selfie no photocall que preparamos na Biblioteca Infantil e Xuvenil.

Os selfies enviados expoñeranse nas bibliotecas que participan neste concurso para que todo o mundo poida votar polas súas favoritas. O tres máis votadas de cada categoría (de 6 a 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 14) serán enviadas á OEPLI para que participen no concurso a nivel nacional. O fallo coñecerase en xuño e o xurado concederá tres premios dotados cun diploma e un lote de libros..

A OEPLI utilizará os selfies gañadores en diferentes soportes e en actividades e campañas relacionadas co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, sen que iso dea dereito a retribución algunha para os concursantes.

Anímache a participar, ¡porque temos algunha sorpresa!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión