Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

O cuarto propio: club de lectura feminista

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

13/10/2021

Os mércores, con periodicidade mensual.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2021 ata o 01/10/2021

Require inscrición.

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#OCuartoPropio

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

Únete a O Cuarto Propio, o club de lectura feminista da Biblioteca Ágora!

O Cuarto Propio é o club de lectura feminista da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, que se reúne cunha periodicidade mensual na Biblioteca Ágora arredor do libro e a lectura para cambiarmos o mundo.

Este club vén a completar un amplo catálogo de accións de promoción da lectura, da igualdade e a diversidade que desde as bibliotecas ofrecemos como o centro de interese de xénero e feminismos ou o club de lectura LGTB QUEERuña.

Nos encontros mensuais falaremos e reflexionaremos, tomando os libros -que facilitará a biblioteca- como punto de partida sobre as novas formas de familia, o feminismo, a importancia dos coidados ou, entre outras cousas, as mulleres que cambiaron o mundo.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión