Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro: "Diario de una poeta muerta", de María Vázquez Guisán

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

29/05/2026

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

19.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

María Vázquez Guisán presenta na Biblioteca Ágora "Diario de una poeta muerta". Achégate e descubre a súa voz poética nun encontro único!

O venres 29 de maio ás 19.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro "Diario de una poeta muerta", de María Vázquez Guisán.

A obra, publicada recentemente na colección Imaginal de poesía da editorial Olé Libros, constitúe o primeiro poemario completo da autora.

Durante o encontro, María Vázquez Guisán estará acompañada polo escritor Eduardo Estévez.

Descubre máis sobre o poemario

«Ahora / que no escucho el sol / y estoy / al otro lado de las palabras, / ¿qué hará conmigo / la eternidad?». Desde este lugar arrinca Diario de una poeta muerta, un libro construído como un diario íntimo en verso. Poesía que se observa a si mesma desde o máis alá, antes de se extinguir e desaparecer por completo. Unha voz distinta, sobria e depurada na súa nudez, como un silencio en busca da «luz que sobra». Poemas que se interrogan e dialogan entre si, explorando ao tempo a vida, a morte, a memoria, o dó e o propio acto da creación poética.

(Sinopse editorial Olé Libros)

Descubre máis sobre María Vázquez Guisán

María Vázquez Guisán (Valencia, 1972) publica en revistas e antoloxías desde a súa xuventude, entre elas Paraíso -editada conxuntamente coa Deputación de Xaén e a Universidade de Xaén- e Voces Nuevas (XXI Selección) na Colección Torremozas.

Traballou como tradutora, xornalista e profesora de español en Estados Unidos, México e Francia. Con Diario de una poeta muerta, publicado na colección Imaginal de poesía de Olé Libros, presenta o seu primeiro poemario completo.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión