Talleres
Persoas adultas
27/11/2025
Xa rematou
Dende o 16/10/2025 ata o 30/10/2025
Require inscrición.
19 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
O club de lectura QUEERuña será parte da contribución a esta obra que nos achega ao uso da linguaxe non binaria no idioma galego.
Esta actividade, dirixida ás persoas integrantes dos tres grupos de lectura QUEERuña e a persoas do colectivo LGTB en xeral, desenvólvese en colaboración con Através editora e as tres persoas coordinadoras da obra: Alva Lourenço, Nee Barros e Daniel Amarelo.
As persoas que se inscriban recibirán no seu enderezo electrónico, baixo compromiso de confidencialidade, unha copia en pdf da obra para que podan efectuar a súa lectura antes da realización da actividade.
A publicación, que verá a luz no ano 2026, pretende ser unha guía de uso da linguaxe non binaria en idioma galego.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible