Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

SIMPLEmente Sol. Cociñando co Sol

Tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Obradoiros

Tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Público adulto

Cando:

Dende o 25/03/2020 ás 19:00 ata o 26/03/2020 ás 20:30 , os mércores e xoves

A actividade desenvolverase en dous días

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/03/2020 ata o 25/03/2020

Require unha única inscrición para os dous días

Horario:

de 19 a 20:30 horas os dous días

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Hashtag:

##BibliotecaVerde #ODS #CociñaSolar

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

As Bibliotecas Municipais cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, Axenda 2030.

Enerxía Solar: cociñando co Sol

Introdución á Enerxía Solar, cociñando co Sol. 

É posible cociñar cun forno solar feito de cartón?

Neste encontro e obradoiro achegarémonos á enerxía solar, unha das enerxías renovables máis sinxelas de aproveitar para o noso consumo e ademais de coñecer algún dos xeitos de aproveitamento desta enerxía, aprenderemos tamén a facer paso a paso o noso propio forno solar de cartón, co que poderemos participar no VIII Encontro Solar da UDC, unha xornada de celebración, na que haberá un xantar colectivo, xuntando o maior número posible de fornos e cociñas solares.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema, de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou profundar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir indagando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e o botas de menos na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información
  • Obradoiros

    En que consisten os obradoiros?

    Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.

    Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.

    Máis información
  • Biblioteca verde: encontros participativos

    En que consisten os encontros Biblioteca Verde?

    Biblioteca verde, un espazo para informarte, reflexionar e compartir. Encontros mensuais que perseguen crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade. A última semana de cada mes, de outubro a maio, poderás asistir a estas charlas para coñecer experiencias sustentables que teñen lugar na nosa cidade. Ademais, contamos cun centro de interese que reúne distintos materiais sobre esta temática.

    Descarga o programa anual de encontros

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión