Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Centro de interese Biblioteca Verde

É o resultado de concretar o compromiso das Bibliotecas Municipais da coruña en torno ao medioambiente, sensibilizando no coñecemento de prácticas e hábitos sustentables e de respecto á natureza, a través do fondo relativo a estes temas.

Facilitando formando e informando os nosos usuarios sobre alternativas de consumo consciente e responsable, proporcionando un espazo a entidades e organizacións locais dando a coñecer experiencias que se desenvolven na cidade

A quen se dirixe

Persoas adultas interesadas na ecoloxía, respecto ao medioambiente e ao estilo de vida saudable e ao público en xeral.

Que materiais podo atopar

Todos tipo de soportes con información en todas as súas múltiples variantes sobre o consumo responsable, o desenvolvemento sustentable, ecoloxía e medio ambiente. Ademais de obras de narrativa e audiovisuais relacionados coa natureza e/ou unha forma de vida sustentable.

Encontros participativos do programa Biblioteca Verde

Biblioteca verde, un espazo para informarche, reflexionar e compartir. Ademais do centro de interese, que reúne materiais dispoñibles nas bibliotecas municipais, Biblioteca Verde é tamén un programa estable con encontros mensuais que perseguen crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade. A última semana de cada mes, de outubro a maio, poderás asistir a estas charlas para coñecer experiencias sustentables que teñen lugar na nosa cidade. Ademais, contamos cun centro de interese que reúne distintos materiais sobre esta temática.

Descarga o programa anual de encontros do curso 19/20.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión