Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Tradición en acción: O método regueifeiro

Por tipo de actividade:

Contacontos, Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Mocidade de entre 8 e 12 anos, ambas idades incluídas.

Cando:

14/10/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/10/2025 ata o 14/10/2025

Horario:

De 18.00 a 19.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Hashtag:

#MetodoRegueifeiro; Regueifa; PoesiaOral; VersoImprovisado; TradicionPoetica; CreatividadePoetica

Contacto:

bsagradaf@coruna.gal

981 184 392

Dentro do ciclo "Tradición galega en acción" a biblioteca municipal Sagrada Familia convértese nun espazo onde descubrir as raíces da nosa identidade cultural a través da oralidade, a historia e a creación artística. Un percorrido participativo polo noso patrimonio para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos onde aprender xogando e desenvolver a creatividade nun ambiente de convivencia.

O 14 de outubro de 2025, ás 18:00h na biblioteca municipal Sagrada Familia mergullámonos no fascinante mundo da poesía oral improvisada en verso: a regueifa. Unha tradición galega única onde as palabras nacen no momento, ao compás da inspiración e a axilidade mental.

Neste obradoiro dinámico e inspirador, os participantes coñecerán esta manifestación artística do noso patrimonio cultural e experimentarán coa creación de versos propios. Traballarase a autoestima, a creatividade e a axilidade mental mentres se espertan posibles vocacións poéticas nun ambiente de diversión e aprendizaxe.

Lupe Blanco impartirá esta sesión dirixida a participantes a partir dos 8 anos. O método regueifeiro vai ser revolucionario!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión