Contacontos, Talleres
Infantil
Mocidade de entre 8 e 12 anos, ambas idades incluídas.
04/11/2025
Xa rematou
Dende o 28/10/2025 ata o 04/11/2025
De 18.00 a 19.30 horas.
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981 184 392
Dentro do ciclo "Tradición galega en acción" a biblioteca municipal Sagrada Familia convértese nun espazo onde descubrir as raíces da nosa identidade cultural a través da oralidade, a historia e a creación artística. Un percorrido participativo polo noso patrimonio para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos onde aprender xogando e desenvolver a creatividade nun ambiente de convivencia.
O 4 de novembro de 2025, ás 18:00h na biblioteca municipal Sagrada Familia, nun taller artístico tan orixinal como divertido, os participantes crearán etiquetas ilustradas para latas de conserva que simbolicamente "gardarán" elementos da tradición galega para as futuras xeracións.
Cada lata converterase nun pequeno arquivo visual da nosa cultura: refráns, costumes, comidas, festas... Utilizando técnicas de ilustración e collage, os nenos e nenas fusionarán creatividade e herdanza cultural nunha actividade única que combina diversión coa preservación da nosa identidade galega.
Conectando coa rica historia da industria conserveira galega, esta proposta achega de forma lúdica o concepto de patrimonio cultural e fomenta o sentimento de pertenza ao noso territorio.
Cada participante levará a casa a súa propia "conserva cultural" como recordo dunha experiencia que combina reflexión, creatividade e sentido de pertenza á nosa terra.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible