Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Infantil / centros escolares
Queres saber ...
En que consiste o programa descrubrir os libros?
Con este programa as Bibliotecas Municipais pretenden, desde unha formulación lúdica, achegar o alumnado e o profesorado ás bibliotecas para que coñezan os seus recursos, organización e servizos.
As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos adecuados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e o que ofrece unha biblioteca.
A participación no programa inclúe, ademais das visitas ás bibliotecas para grupos, educación infantil, primaria e secundaria, reunións con docentes, propostas de traballo para a aula e préstamo de lotes con materiais diversos: libros, revistas, DVD...
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible