Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación e contacontos de Ganapán e Garabato na biblioteca Durán Loriga

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Para público en xeral, Familias

A quen vai dirixido?:

Público xeral e familiar.

Cando:

19/12/2025

Inscricións:

Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

Horario:

18.30-20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña

Contacto:

Ben coñecer a Ganapán e Garabato cos seus creadores!

Para este Nadal temos unha presentación moi especial na Biblioteca Durán Loriga que seguro que vos axudará a ter ideas do que regalar aos máis pequenos!

Chus ÁlvarezEl Primo Ramón virán á biblioteca a falarnos dos protagonistas tan especiais que crearon neste álbum ilustrado da editorial Pepa A Loba e que seguro farán sorrir a toda a familia.

Un conto cheo de tenrura dedicado aos 5-8 anos pero que enganchará tamén aos maiores. E senón, comprobádeo no contaconto que dará vida a este canciño e este gato na propia biblioteca e que poderedes disfrutar en familia!

Non vos preocupedes de conseguir un sitio, a entrada é libre ata completar aforo e teredes a oportunidade de que vos asinen os vosos exemplares despois da sesión. Que mellor detalle para un Nadal libresco?

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión