Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
16/05/2026
Dende o 09/05/2026 ata o 16/05/2026
Require inscrición.
De 12.30 a 13.30 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
A partir de 14 anos
bduranloriga@coruna.gal
Tel. 981 184 388
Sabes que a eclipse solar verase completamente na zona da Coruña?
A Coruña será un dos mellores lugares de Europa para poder disfrutar da eclipse total de sol prevista para o 12 de agosto de 2026, e na Biblioteca Durán Loriga comezamos un ciclo sobre a eclipse, en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, que incluirá actividades para todas as idades, exposicións divulgativas e unha mostra bibliográfica para prepararnos para ese día.
Este mes de maio, inauguramos o ciclo coa charla "Ceo e literatura: a sombra da lúa", da man de Martin Pawley, crítico e programador de cine, ademáis de coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación lumínica e diversidade da Agrupación Ío.
Se tes 14 anos ou máis, só tes que inscribirte para poder asistir!
Segue a información na web das Biblioteas muncipais porque temos máis actividades e exposicións divulgativas durante os meses que preceden á eclipse.
Tamén podedes botarlle un ollo á selección de libros que teremos expostos durante este tempo ou consultar a guía no Calameo das bibliotecas.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible