Charlas e debates
Para público en xeral
+ 10 anos
20/06/2019
Xa rematou
De 19 a 20.30 horas.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Sorpréndete con todo o que pode facer a impresión 3D!
Seguimos a apostar pola divulgación tecnolóxica e científica, e por isto mesmo contaremos coa empresa galega, e punteira na impresión 3D, 3DLimitLess, para que nos achegue ao mundo da fabricación aditiva.
A impresión 3D xa forma parte da 4ª Revolución Industrial; a súa utilidade está demostrada e cada día, aínda que non o saibamos, facemos uso de utensilios, ferramentas e obxectos que foron diseñados mediante esta tecnoloxía.
Queres mergullarte na impresión 3D? Pois esperámoste!
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible