Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos para persoas adultas e charla sobre LGTB na literatura infantil

Por tipo de actividade:

Charlas e debates, Contacontos

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

20/06/2018

Xa rematou

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

Como se trata a realidade LGTB nos contos infantís? Ten presenza este colectivo? Hai naturalidade na súa presentación ou, pola contra, quédase no terreo do políticamente correcto?

Estas e outras cuestións serán expostas e debatidas neste debate que se establecerá entre as bibliotecarias encargadas da sección infantil da Biblioteca Ágora, e todas as asistentes ao club de lectura LGTB das bibliotecas, o QUEERuña.

As bibliotecarias realizarannos un contacontos dun dos títulos de maior éxito nas sesións de contacontos infantís.  Nesta ocasión adaptarano para dirixilo especialmente a nós, persoas adultas, para achegarnos a un dos títulos de maior uso para a exposición das diversidades sexuais e de xénero entre o público infantil.

Non deixes de achegarte para, de paso que charlamos, coñecer o máis top da literatura infantil LGTB.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión