Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Faladoiro: A vida sen regras, e agora que?

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Público adulto

Cando:

Os días 21/10/2025 ás 18:30 , 28/10/2025 ás 18:30

Conta de dúas sesións, os martes 21 e 28 de outubro.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/10/2025 ata o 21/10/2025

Horario:

18.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Documentos:

Guia de lecturas recomendadas (6 MB)

Falemos da menopausa

Dentro do ciclo Rompendo Regras, na Biblioteca Municipal Durán Loriga contaremos co primeiro grupo de conversa, dinamizado por Lorena Fagil, creadora do Círculo Bla, e co acompañamento da psicóloga Uxía Domínguez.

Estes encontros nacen do desexo de xerar espazos seguros de conversa, escoita e acompañamento. Nun mundo cada vez máis rápido e desconectado cremos que é fundamental crear momentos onde poidamos simplemente estar, compartir e sentirnos acompañadas.Un grupo de conversa arredor dun tema que nos preocupa e que queremos visibilizar.

A menopausa chega á vida de moitas mulleres, de formas diferentes. Aquí falaremos do que supón, do que pode transformar a vida das que pasan ou pasaron por esta estapa. Como nos sentimos, que cambios se experimentan, como cuidarnos, como crear redes de apoio...

Se esto é o que necesitas, só tes que inscribirte nas dúas sesións de outubro.

Esperámoste!

En todas as nosas bibliotecas temos a disposición da cidadanía libros informativos sobre hixiene e saúde menstrual. Nas  Biblioteca Municipal Durán Loriga , Biblioteca Municipal Monte Alto  e Biblioteca Municipal Os Rosales temos, ademais, a sección Rompendo regras , un centro de interese que toma o seu nome do Laboratorio de Participación cidadá en prol dunha menstruación digna e ecosaudable, do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Podes pasar por calquera destas bibliotecas para descubrir os fondos que recollen e levalos en préstamo.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión