Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

IGM: Xogamos coa Baralla Galega

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral, Xuvenil, Infantil, Persoas adultas, Familias

Cando:

19/11/2022

Xa rematou

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Hashtag:

#IGM, xogos, infantil, xuvenil, familiar, bduranloriga, "baralla galega"

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Descubrimos e xogamos coa Baralla Galega de Alejandro Mosquera

Voltamos celebrar coa ALA (American Library Asociation), asociación profesional de bibliotecas, o International Games Week, que este ano se converte no International Games Month (Mes Internacional dos Xogos) na Biblioteca Durán Loriga, xogando, que é a mellor forma que atopamos de facelo!

Facemos así unha homenaxe durante todo o mes de novembro ao valor educativo, recreativo e social dos xogos.

Comezamos o sábado 19 de novembro, da man de Alejandro Mosquera, que presentará a Baralla galega, como se xoga con ela e todas as posibilidades lúdicas que ofrece.

A Baralla Galega é un xogo de cartas que versiona a baralla tradicional española para ilustrar en 40 cartas parte da cultura galega cun tono humorístico. A vieira, a cunca de viño, o fouciño e o pemento de Padrón son os catro elementos representativos da cultura popular que conforman os catro paos do xogo. As figuras rompen a xerarquía masculina da baralla tradicional e introducen á meiga (personaxe da mitoloxía popular), a vaca rubia galega e a gaiteira.

Invitámosvos a asistir cos vosos xogos preferidos, a disfrutalos individualmente, en familia ou cuadrilla.

Estarán as portas da Biblioteca Durán Loriga abertas de 10:00 a 14:00h. para disfrutar dos xogos! Esperámosvos!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión