Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

International Games Month: Hoxe xogamos a...

Por tipo de actividade:

Xogos de mesa, Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Para rapazada de 6 a 12 anos

Cando:

08/11/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/11/2025 ata o 08/11/2025

Require inscrición

Horario:

Das 11.00 ás 13.00 h.

Duración:

2 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tlf. 981 18 43 88

Celebramos o International Games Month nas Bibliotecas Municipais da Coruña

O sábado 8 de novembro, de 11-13 h., celebramos o International Games Month (IGM) na Biblioteca Municipal Durán Loriga cunha sesión de xogos para rapazada de 6 a 12 anos.

Un ano máis, formaremos parte do IGM sumámonos á iniciativa promovida pola American Library Association (ALA), coa idea de "reconectar ás comunidades a través das súas bibliotecas arredor do valor educativo, recreativo e social de todo tipo de xogos". Na biblioteca apostamos polos xogos de mesa e o seu disfrute.

Podedes inscribirvos á actividade, adaptada e deseñada en función do perfil e idades dos participantes, para coñecer e practicar diversos xogos de mesa que seleccionamos previamente.

As partidas terán unha duración de ata 30 minutos, para que sexan áxiles e dinámicas, e estarán dinamizadas por monitores de Metrópolis Cómics.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión