Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Libros Vivintes: Marga do Val

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

18/05/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/05/2021 ata o 18/05/2021

Require inscrición

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#DesordenatecoasLetras

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

Edición especial do programa Libros Vivintes co gallo das Letras Galegas 2021 con Marga do Val

Con motivo da campaña de "Desordénate coas Letras" -Letras Galegas 2021-, as integrantes dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña participarán dunha adaptación virtual (a través de Google Meet) para público adulto do programa Libros Vivintes.

Nesta ocasión, a libro vivinte será a autora, tradutora, docente e actriz Marga do Val que compartirá cos clubs de lectura da rede de bibliotecas a súa experiencia de vida como escritora e amiga persoal de Xela Arias.

Para máis información sobre Marga do Val, accede á conversa "Non abonda con dicir que Xela Arias era rebelde, habería que entrar na rebeldía dos seus versos" no blog Suma Ágora.

Queres saber ...

  • Libros vivintes

    En que consisten os Libros vivintes?

    Libros vivintes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da contorna as historias de vida de veciños e veciñas seus, a partir das que podemos reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal de mozos e mozas dentro e fóra das aulas.

    O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravamos as súas historias de vida e dámoslle forma de relato a parte desa historia e trasladamoslles os resultados aos alumnos e alumnas dos IES participantes.

    Son eles quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, que Libro vivinte queren descubrir, para o que nunha data determinada facilitamos o encontro entre persoas protagonistas de cada relato e os/as mozos/as que os leron.

    Deste xeito, os Libros vivintes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se poderían compartir.

    As principais características do proxecto son a súa simplicidade e enfoque positivo.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión