Encontros e presentacións, Charlas e debates
Para público en xeral
15/05/2026
Entrada libre ata completar capacidade
18.00 h.
90 minutos
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
As Bibliotecas Municipais da Coruña organizan un encontro para afondar na vida, obra e compromiso público de Begoña Caamaño, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026.
Con motivo do Día das Letras Galegas 2026, a Biblioteca Ágora acolle Memoria viva e letra escrita, un encontro arredor da figura de Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista cultural homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.
A actividade está especialmente dirixida aos Clubs de lectura e ás persoas interesadas na literatura galega contemporánea, co obxectivo de achegarse á obra e ao pensamento dunha autora fundamental para entender a creación literaria e o feminismo galego das últimas décadas.
O encontro abordará non só a súa produción literaria, senón tamén o seu compromiso público e o seu papel como voz crítica no ámbito xornalístico, cultural e social.
Na mesa redonda participarán:
A conversa permitirá descubrir novas lecturas da súa obra e coñecer máis de preto a dimensión humana e intelectual dunha autora que deixou unha fonda pegada na cultura galega contemporánea.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible