Clubs, Talleres
Xuvenil
De 12 a 16 anos
19/05/2026
Dende o 12/05/2026 ata o 19/05/2026
Require inscrición
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
981 18 43 88
Fin de curso do Club de lectura xuvenil O Ensache
Para despedir o curso, dende o Club de lectura xuvenil O Ensanche, da Biblioteca Municipal Durán Loriga , queremos celebrar o noso último encontro cunha actividade moi especial á que os mozos e mozas de 12 a 16 anos estades convidados.
Trátase dun taller de iniciación á fotografía da man da fotógrafa Carmen Martínez, que propón un achegamento creativo e persoal á linguaxe fotográfica. A través de exercicios prácticos, exploraremos a fotografía non só como técnica, senón como ferramenta de observación, expresión e autocoñecemento.
Inspirado na novela gráfica A guerra de Catherine, de Julia Billet e Claire Fauvel, o taller conecta a imaxe coa memoria, a identidade e a forma en que cada persoa mira o mundo, poñendo o foco no desenvolvemento da sensibilidade, a creatividade e a identidade na adolescencia, utilizando a fotografía como ferramenta accesible e significativa.
Queremos abrir esta experiencia a toda a rapazada que estea interesada nesta aventura visual.
Apúntaste a mirar o mundo connosco?
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser unha persoa experta lectora: os clubs están pensados para persoas con inquedanzas culturais, gana de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible