Outras actividades
Persoas adultas
29/11/2025
Xa rematou
Dende o 31/10/2025 ata o 21/11/2025
Require inscrición.
11 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Os Paseos Desviados son unha liña de traballo da cooperativa Rexenerando e a historiadora Daniela Ferrández para a divulgación da memoria das disidencias sexuais.
Baixo a forma de roteiro, este percorrido pola cidade da Coruña descubrirache a historia dalgunhas persoas e colectivos que cuestionaron a norma de xénero ao longo do século XX: as desviadas, escandaloses, vagos e maleantes.
Con isto procuramos incorporar referentes até o de agora invisibilizades, que faciliten unha comprensión máis completa da nosa cidade e do noso presente, así como a construción dun futuro máis libre e diverso.
O roteiro ten unha duración aproximada de dúas horas e consta de 7 paradas entre a Praza de María Pita e a praia do Orzán:
Praza de María Pita: introdución.
Igrexa de San Jorge: disidentes sexuais a comezos do século XX. Marcela e Elisa.
Teatro Colón: transformismo escénico. Sexilio. Teresita.
Rúa Socorro: golpe do 36. Caso Cervigón.
Xardíns de Méndez Núñez: franquismo e espazos de encontro.
Praza de Pontevedra: articulación dos primeiros colectivos. Stonewall galego e outros referentes.
Riazor / Orzán: o valor da memoria. Caso José María Sorrón e Samuel Luíz.
O punto de encontro será a propia Praza de María Pita, ás 11h.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible