Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Rompendo Regras: cancro e menopausa

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Calquera persoa interesada no tema

Cando:

11/03/2026

Xa rematou

Inscricións:

De balde ata completar a capacidade.

Horario:

18.30-20.00 h

Duración:

1,5h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña

Contacto:

Charla-coloquio complementando á exposición fotográfica "Virando o rosa"

Dentro da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, celebrado o 8 de marzo, na Biblioteca Municipal Durán Loriga, acollemos unha charla-coloquio arredor da exposición Virando o Rosa, proxecto da fotógrafa Diana Fajardo, que visibiliza as experiencias de mulleres con cancro de mama na provincia da Coruña e que se poderá visitar durante marzo e abril na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga , na rúa Durán Loriga.

A exposición é o proxecto gañador do VII Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade da Deputación da Coruña no 2025, que recolle e recoñece iniciativas artísticas e culturais con perspectiva de xénero na provincia.

No caso da charla que se fará na biblioteca as personas participantes son testemuñas  e investigadoras do cancro

A charla contará con mulleres testemuñas e investigadoras que darán  voz ás súas vivencias reais arredor do cancro e estará moderada pola propia Diana Fajardo.

"Este non é un traballo fotográfico sobre o cancro de mama. 

Este proxecto xorde desde a observación da indefensión estrutural das mulleres no sistema sanitario, polo propio feito de ser mulleres."

A charla está enmarcada dentro do centro de interese  Rompendo regras , común a 3 das bibliotecas municipais da Coruña, Durán Loriga, Rosales e Monte Alto. Neste centro de interese atópanse fondos bibliográficos que permiten achegarse á información e ao coñecemento sobre a saúde e sexualidade femininas.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión