
Durante outubro, na Biblioteca Durán Loriga falamos de saúde, corpo e benestar con actividades arredor da menopausa e o duelo perinatal. Charlas, cinema e unha mostra bibliográfica para seguir rompendo regras e derrubando tabús.
As Bibliotecas Municipais da Coruña seguimos rompendo regras tamén dende os nosos espazos físicos. En outubro, coincidindo co Día Internacional da Morte Perinatal (156 de outubro)e o Día Internacional da Menopausa (18 de outubro), a Biblioteca Municipal Durán Loriga acolle un ciclo de actividades arredor de diferentes etapas e realidades na vida das mulleres: a menopausa e o duelo perinatal.
Este ciclo forma parte do centro de interese " Rompendo regras ", presente tamén nas bibliotecas de Biblioteca Municipal Monte Alto e Biblioteca Municipal Os Rosales : unha selección de fondos sobre saúde menstrual, economía e educación menstrual, dereitos menstruais, menopausa, activismo e arte, inspirada no Laboratorio de Participación Cidadá pola Menstruación Digna e Ecosaudable do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, co que colaboramos dende hai anos.
Porque acceder á información é tamén unha forma de coidarse, e as bibliotecas públicas somos un espazo onde atopar recursos fiables para mellorar o benestar e a saúde das persoas e das súas familias.
Actividades destacadas:
Mostra bibliográfica "Rompendo Regras"
Durante todo o mes de outubroSelección de libros e recursos para acompañar as temáticas do ciclo: saúde menstrual, menopausa, maternidades, corpo e coidados.
Selección de recursos informativos nas bibliotecas
En todas as nosas bibliotecas temos a disposición da cidadanía libros informativos sobre hixiene e saúde menstrual. A maiores contamos cunha sección, co nome Rompendo Regras, un centro de interés/sección disponible en tres das nosas bibliotecas.
Bibliotecas que contan coas sección Rompendo Regras
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible