Outras actividades
Para público en xeral
Dende o 11/05/2026 ás 10:00 ata o 23/05/2026 ás 22:15 , os luns, martes, mércores, xoves, venres e sábados
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
As bibliotecas súmanse á homenaxe das Letras Galegas 2026 coa proxección en bucle do documental da Real Academia Galega dedicado á vida e obra de Begoña Caamaño.
Con motivo do Día das Letras Galegas 2026, as Bibliotecas Municipais da Coruña acollen a proxección continua do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul, unha produción audiovisual da Real Academia Galega dirixida por Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez.
O filme propón un percorrido pola vida e o legado dunha das voces máis relevantes da cultura galega contemporánea: xornalista, escritora, feminista e firme defensora da lingua galega. A través de testemuños de persoas próximas, imaxes de arquivo e dramatizacións inspiradas na súa obra literaria, o documental achega unha visión íntima e coral de Begoña Caamaño.
A película combina memoria, literatura, pensamento crítico e creación audiovisual para achegar ao público a figura dunha autora que renovou a narrativa galega desde unha perspectiva feminista e contemporánea. O documental inclúe tamén fragmentos dramatizados das súas novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle.
A proxección poderá verse libremente durante o horario de apertura da biblioteca, permitindo que cada persoa se achegue ao documental ao seu ritmo.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible