Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

A Coruña, CidadeEclipse tamén nas bibliotecas

Cartaz Concello da Coruña: A Coruña, CidadEclipse

Antes de vivir o fenómeno, nas bibliotecas presentámoscho!

A Coruña será un dos mellores lugares de Europa para poder disfrutar da eclipse total de sol prevista para o 12 de agosto de 2026.

Nas Bibliotecas Municipais organizamos unha serie de charlas e actividades para todos os públicos con obxecto de divulgar sobre o extraordinario fenómeno da eclipse do 12 de agosto, algunhas en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Grazas a isto, poderás saber todo sobre a eclipse antes de que aconteza. Garda a nosa programación ao respecto! (e ollo, que poida que vaia ampliándose: pasa de cando en vez por aquí para comprobalo!)

Programación nas bibliotecas sobre a eclipse

Actividade Onde Cando

Ciclo Eclipse. Charla: Ceo e literatura. A sombra da lúa

Biblioteca Durán Loriga Sábado 16 de maio, 12:30 h

Charla: Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia

Biblioteca Forum Metropolitano Mércores 10 de xuño, 19 h

Ciclo Eclipse: Charla: preparados para a eclipse

Biblioteca Durán Loriga Venres 10 de xullo, 19 h

Charla: Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia

Biblioteca Ágora Martes 21 de xullo, 19 h

A Coruña, CidadeEclipse: descubre os mellores puntos de observación

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión