Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Visibilizar o invisible: a perspectiva feminista das Bibliotecas Municipais da Coruña

visilibizar

As Bibliotecas Municipais da Coruña sumámonos á campaña do Concello da Coruña 8M a por todas. Mulleres sen límites.

Conmemoramos o 8M, Día Internacional da Muller, visibilizando a aplicación transversal da perspectiva feminista nas bibliotecas e o noso traballo diario como bibliotecarias.

A pesar do recoñecemento da igualdade e a condena da descriminación por cuestións de sexo existentes no noso ordenamento xurídico e do cal é garante a propia Constitución, a sociedade continúa enfrontándose a barreiras estruturais que dificultan acadar o obxectivo de igualdade real e efectiva fixado neses textos legais.

As bibliotecas públicas e o persoal bibliotecario, na súa vocación de ser un elemento que reflicta con fidelidade a sociedade e as comunidades nas que se insertan, temos a obriga de impulsar e participar no acceso á información de toda a sociedade; un aspecto esencial para promover a erradicación da desigualdade.

Visibilizar

Visibilizar o invisible

As BMC, como institución responsable de proporcionar este servizo á veciñanza da Coruña, ofrecemeos recursos para contribuír ao desenvolvemento persoal e cívico aplicando de xeito transversal as políticas de igualdade que van desde a propia organización interna ata ao traballo comunitario.

Por iso este 8M desexamos facer "Visible o invisible" a través de seleccións e dinamización dos fondos en materia de igualdade; programas especificos sobre xénero e feminismos que se desenvolven nas bibliotecas durante todo o ano; a potenciación de espazos de encontro e debate cidadán nos que se acollen tanto aos veciños e veciñas como ás principais entidades vencelladas á promoción da muller; a posta en marcha de accións de alfabetización e educación; o labor coas entidades educativas formais levando a cabo accións de xeito conxunto en escolas e institutos a través da selección fondos, lecturas compartidas, alfin etc. e o traballo das creadoras culturais.

En concreto, levaremos a cabo as seguintes accións:

  • Selección e dinamización dos fondos en materia de igualdade: 
    • Mostras bibliográficas nas bibliotecas,
    • Guía de lectura
    • Recomendacións de lecturas a través dos clubs cos que conta a rede
  • Programas específicos sobre xénero e feminismos
  • A potenciación dos espazos de encontro e debate cidadán no que se acollen tanto á veciñanza como ás principais entidades vencelladas á promoción da muller:
  • A posta en marcha de accións de alfabetización e educación de xeito conxunto en escolas e institutos a través de lecturas compartidas, alfabetización dixital, etc
  • Crear e coidar:: a escritora Emma Pedreira impulsa e comparte con nósreflexións de creadoras sobre a relación do seu traballo cos coidados en "Creación. Crear e criar" e no que participan mulleres coma Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, María Canosa, Ana Pillado, e moitas máis...

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión