Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Descubrir os libros: programa de colaboración con centros escolares

A quen vai dirixido?:

Infantil / centros escolares

Inscricións:

Require inscrición

Queres saber ...

  • Visita de 1º e 2º de Educación Secundaria: A cascarilla

    En que consiste esta visita?

    Partindo dun personaxe imaxinario, Sr. Cascarilleiro, gran coñecedor de Galicia en xeral e da Coruña en particular, preséntase un xogo que consiste en realizar un percorrido por un perfil da cidade da Coruña, integrado por 25 casas que formulan preguntas ou probas sobre feitos e anécdotas relativas á cidade: Isto está na miña cidade, Quen é quen, Viaxe arredor do tempo, O Baúl do Sr. Cascarilleiro.

    Máis información
  • Visita de 2º de Educación Primaria: Xuízo ao lobo feroz

    En que consiste esta visita?

    Os/as nenos/as reciben unha invitación á realización do Xuízo ao Lobo Feroz que terá lugar na biblioteca. Eles/as xunto co/a seu/súa profesor/a formarán parte da defensa a un lobo que as bibliotecarias pretenden expulsar da biblioteca achegando probas do seu mal comportamento como protagonista nos contos de ficción. Nun xuízo moi intenso no que acusación e defensa poñen toda a carne no asador, valorarase a pertinencia de que os contos de lobos queden na biblioteca ou sexan retirados. Despois de todo... o lobo é malo sempre? E que hai do lobo como animal mamífero? Unha divertida trama que lles axudará aos nenos e ás nenas a descubrir as figuras dos/as escritores/as e ilustradores/as, e a afianzar a diferenza entre contos de ficción e libros informativos.

    Máis información
  • Visita de 4º de educación infantil: Ole chega á biblioteca

    En que consiste esta visita?

    Os nenos e nenas reciben na escola unha carta de Ole. Ole é un paxaro azul que acaba de instalarse na biblioteca e que fixo moi boas faragullas coas bibliotecarias e bibliotecarios que lle descubriron unha chea de libros e historias. Na carta Ole convídaos a visitalo para que poidan compartir con el algunhas das historias e dos libros que coñeceu.

    Máis información
  • Visita de 4º de Educación Primaria: Mensaxes en botellas

    En que consiste esta visita?

    Ás praias da cidade están a chegar unha gran cantidade de botellas cargadas con mensaxes das costas de Canadá. As botellas enviadas ás bibliotecas polos servizos de limpeza das praias conteñen mensaxes dirixidas a nenas e nenos de 9 a 11 anos, nas que nenos e nenas desas mesmas idades do outro lado do Atlántico fan moitas preguntas e expoñen un interesante experimento coas mareas. Para poñer en contacto a nenos e nenas da cidade cos nenos e nenas canadenses e resolver as cuestións que expoñen, as bibliotecas envían aos centros escolares unha carta e unha copia da noticia de prensa, na que solicitan a súa colaboración.

    Máis información
  • Visita de 5º de educación infantil: a ovella Tecelá

    En que consiste esta visita?

    Os nenos e as nenas reciben na escola, por correo urxente, un paquete e unha postal. A remitente: a ovella Tecelá. Na postal unha petición de axuda urxente e no paquete un anaco de la natural. O reto: axudarlle á ovella Tecelá a descubrir por que a queren rapar e para que queren a súa la.

    Máis información
  • Visita de 6º de educación infantil: os bulbos de Jacinto Regadera

    En que consiste esta visita?

    Os nenos e as nenas reciben na aula unha carta de Invernaderos Nomeolvides. Coa carta uns bulbos de tulipán para que os planten na escola. Coa complicidade da/o mestra/e formularanse unha serie de cuestións: alguén da clase sabe como se plantan os bulbos?, alguén sabe que coidados teñen que ter estas plantas?, alguén sabe cal é a mellor época para que xerminen?... Ante todas estas dúbidas, propoñerase unha visita á biblioteca para intentar resolvelas consultando os libros dispoñibles e así poder plantar os bulbos.

    Máis información
  • Visita de 6º de Educación Primaria: En busca dos mundos perdidos

    En que consiste esta actividade?

    Para convertérense en mozos/as investigadores/as e obter o seu flamante título, os nenos e as nenas participantes deberán demostrar as súas habilidades de procura de información e resolver as probas e enigmas que se lles expoñerán o día da visita. O tema, os dinosauros e as claves, o material do que dispoñerán para prepararse con antelación na aula.

    Máis información

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión