Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Día da ilustración 2021

As Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha unha campaña con motivo do Día da Ilustración,  que todos os anos se celelebra o 30 de xaneiro coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Trátase de lembrar e reivindicar o papel das persoas profesionais da ilustración e homenaxear a autora que aportou na historia galega neste eido.

Lolita Díaz Baliño

Nesta edición do 2021, a homenaxeada é Lolita Díaz Baliño, coruñesa imprescindible na historia desta industria cultural en Galicia e muller clave nos ambientes intelectuais do pimero tercio do século XX.

A importancia da súa obra e a súa figura supón un exemplo para moitas mulleres contemporáneas que dedican a súa vida ao traballo no eido da ilustración e o deseño gráfico.

O Servizo Municipal de Bibliotecas súmase, así, á iniciativa promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia xunto coa AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) poñendo o foco sobre dous obxectivos:

  • Visibilizar a figura de Lolita Díaz Baliño.
  • Visibilizar e mostrar recursos informativos de ilustradoras coruñesa contemporáneas coa posta en valor do actual colectivo de mulleres ilustradoras e coruñesas que forman parte da iniciativa Coruña Gráfica.

Dende o luns 25 e a ata o 30 de marzo :

  • Mostras bibliográficas de ilustadoras coruñesas con produción editorial.
  • Guía de lectura de ilustradoras coruñesas.
  • Libros Vivintes con Anabel Colazo e Xulia Pisón.
  • Contido dixital: blogs, redes, web.

Contido dixital

Baixo os cancelos #DiaDaIlustracion #DiaDaIlustracion2021 #IlustradorasCoruñesas e #CoruñaGrafica iremos publicando distintas entradas nos perfís das nosas redes sociais e nos blogs, dende o luns 25 ata o sábado 30, o propio Día da Ilustración.

Guía de lectura

Elaboramos unha guía de recursos bibliográficos coa que vos convidamos a descubrir, a través da colección dispoñible nas bibliotecas, as personalidades femininas máis salientables do panorama actual da cidade da Coruña.

Mostras bibliográficas

Dende o luns 25 e ata o 14 de febreiro teremos dispoñibles en todas as bibliotecas municipais, agás na Biblioteca de Estudos Locais, mostras bibliográficas con obras de ilustradoras coruñesas das que temos fondos no noso catálogo: Aldara Prado, Marta Álvarez Miguéns , Aurora Cascudo Román, Iria do Castelo, Lucía Cobo, Sonia Mª Corral , Paula Esteban , Iria Fafián, Bea Lema, Paula Mayor Agrelo, Perrilla (Talia García), Xulia Pisón, Emma Ríos, Irene Sanjuán, Marina Seoane Pascual, Xulia Vicente, Yupiyeyo (María Álvarez Hortas), Anabel Colazo e María Lires.

Día da Ilustración

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión